Entradas

Teño unha pena

Imagen
Esta pena que a veces teño me bloquea no medio da escaleira. Quero cantar o Reggae dos mariñeiros e afógaseme o peito. Quero rir e fico durmido, quero chorar e cáeme un fío de xenreira pola pata do pantalón. Os nenos durmen e son tan feliz que só quero que me leve un camión con neóns de “DIOS CUIDA MÍA”. Pero cando dou xa todo por perdido e penso que igual tomo unha pílula pra durmir… descubro que Grande Amore é un grupo que canta galego e di cousas que me representan. Son un  boomer  de merda que pensa: “me cago no dios que me fixo!”  A doutora recomendoume escribir antes de ir durmir, eu dixen xa non teño esa capacidade. Pero aquí estou con esta pena que a veces teño . Grazas Grande Amore! PD. Non durmín ate as 4 facendo nada. 😅